User account

Primary tabs

Estudo Dynamic

Logo DYNAMIC

Fundación EROSKI e Caprabo unímonos para levar a cabo un estudo que recolla a medición periódica de peso, altura e perímetro de cintura e cadeira dos escolares de primaria para determinar o Índice de masa corporal (IMC) e o Índice cintura cadeira (ICC).

O noso obxectivo é obter un indicador dinámico da prevalencia de obesidade e sobrepeso da poboación infantil en España.

Este estudo forma parte do programa para a promoción de hábitos saudables en escolares que Fundación EROSKI vén desenvolvendo dende 2012, co obxectivo de sensibilizar, dende a educación, sobre a importancia de levar unha alimentación saudable.

Este ano, preto de 30 colexios forman parte de DYNAMIC, achegando as medicións do seu alumnado para conseguir:

  • Un indicador útil para a sociedade.
  • Un maior coñecemento do estado de prevalencia e obesidade entre o seu alumnado.

Se tes algunha pregunta sobre o estudo non dubides en contactar connosco: info@escueladealimentacion.es