POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

1. Responsable do tratamento

EROSKI, S. COOP. (en adiante, EROSKI) _Barrio San Agustín, s/n. 48230 Elorrio, Bizkaia

Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: dpo@eroski.es

2. Que datos tratamos e durante canto tempo?

EROSKI tratará:

(i) os datos de carácter persoal facilitados con motivo do rexistro, en xeral; identificativos, características persoais, e de contacto electrónico, en particular;

(ii) datos derivados da relación comercial con EROSKI, isto é, os procedentes do uso dos distintos Servizos do MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL;

(iii) os resultantes de procesos informáticos (hábitos de navegación ou uso do MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL), Enderezo IP e información recompilada a través de cookies, etiquetas de píxel e outras tecnoloxías;

(iv) aqueles que EROSKI poida inferir a partir de datos licitamente obtidos.

EROSKI tratará e almacenará os datos mentres o usuario estea activo no MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL e sexa cliente, así como durante o prazo de prescrición de obrigas legais, que puidesen nacer de posibles responsabilidades vinculadas ao tratamento dos datos de cliente.

3. En que consente o Usuario cando facilita os seus datos?

EROSKI, propietaria do medio e/ou contorna dixital, almacenará nun ficheiro os datos de carácter persoal necesarios, enumerados no apartado precedente, coa finalidade de:

(i) Prestar o servizo demandado polo usuario e que ofrece o MEDIO E/OU CONTORNA DIXITAL, o seu mantemento e mellora,

(ii) Garantir a satisfacción do usuario e,

(iii) Ofrecer información de interese ligada á condición de Usuario, a través de medios de comunicación electrónica ou non, referente a produtos ou servizos do sector onde esta desenvolve a súa actividade (fidelización, alimentación, fogar, téxtil, seguros, préstamos, ópticas, inmobiliaria, telecomunicacións, tecnoloxía, informática, carburantes, consumo, deporte, lecer, tempo libre, turismo, estética, perfumaría e medios de pagamento) para o que se realizarán estudos, elaboración de perfís, segmentacións sobre os seus datos e/ou cruzamentos con outros ficheiros responsabilidade de EROSKI, sempre que o usuario o solicite expresamente.

4. Pódese opoñer o usuario a recibir comunicacións comerciais ou ao tratamento con fins promocionais?

O Usuario pode opoñerse en calquera momento a recibir comunicacións e ao tratamento dos seus datos para fins comerciais e promocionais, facendo clic na ligazón de baixa de cada unha das comunicacións que reciba; por escrito a través da área de contacto, dpo@eroski.es ou Equipo DPO de EROSKI S. COOP. Bº San Agustin s/n- 48230 Elorrio (Bizkaia).

5. Os datos son comunicados a terceiros?

a. Administración Pública, Xulgados e Tribunais

Se as autoridades gobernamentais, tales como os corpos de seguridade do estado, Xuíces e/ou Tribunais, solicitan ou requiren información ou se é necesario presentala para cumprir algunha Lei, EROSKI comunicaralles aos devanditos terceiros os datos que estes formalmente soliciten.

6. Como pode o cliente exercer os seus dereitos de revogación, acceso, supresión, oposición, rectificación, limitación, portabilidade?

Todo cliente poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, revogar o seu consentimento, opoñerse ao seu tratamento, limitar ou ,mesmo e/ou solicitar a portabilidade dos seus datos, por escrito a través da área de contacto, dpo@eroski.es ou Equipo DPO de EROSKI S. COOP. Bº San Agustin s/n- 48230 Elorrio (Bizkaia).

7. Medidas de Seguridade e Confidencialidade da información.

EROSKI adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que o cliente facilite, velando así pola súa integridade, dispoñibilidade e confidencialidade.

8. Política de Cookies

EROSKI utiliza cookies. Toda a información ao respecto na Política de Cookies.

9. Cambios na Política de Privacidade

EROSKI cumpre escrupulosamente coas leis aplicables á protección de datos e a privacidade dos usuarios. Para iso, resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, as condicións da presente Política de protección de datos para axeitala a calquera cambio normativo ou a calquera modificación na presentación e configuración da Web e/ou MEDIO DIXITAL.