Quen somos

Quen somos

A Escola de Alimentos é unha iniciativa da Fundación Eroski nacida coa vocación de fomentar unha alimentación sa e uns hábitos de vida saudables entre os cidadáns.

Dentro da Escola de alimentación, un equipo de nutricionistas, pedagogos, expertos en saúde e comunicadores creamos o Programa Educativo, enfocado aos nenos e nenas en idade escolar. Este programa compleméntase cunha Escola de Pais, que estende o noso proxecto de educación saudable ás familias.

A Escola de Alimentación pretende ser ademais punto de encontro de profesionais da saúde, profesores, pais, escolares e cidadáns, noutras palabras, de todas aquelas persoas preocupadas por melloraren a súa alimentación e estilo de vida, ofrecendo información de calidade e de actualidade froito do coñecemento científico e das investigacións que a Escola de Alimentación desenvolve.

O reto é movérmonos xuntos cara a unha sociedade máis sa e, xa que logo, máis feliz.

 

Benvidos á Escola de Alimentos!