Imagine Food
Non deixes escapar a 4ª Edición do concurso!
Que é Imagine Food?
Imagine Food é un concurso de debuxo que organizamos dende a Fundación Eroski e Eroski para transmitir a idea de que alimentarse de xeito saudable tamén é divertido.
Para nós axudar a educar os nenos e nenas en torno á alimentación saudable é un obxectivo primordial e o mellor xeito de facelo é a través de actividades lúdicas e divertidas, como este concurso.
En que consiste o reto?
Esta edición, animamos os nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias, a crear e debuxar unha receita saudable para calquera das 5 comidas do día (almorzo, media mañá, comida, merenda ou cea). É dicir, un prato que lles permite crecer de xeito saudable! Tan sinxelo como debuxar esa receita e mandarnos o debuxo.
Con dous ingredientes básicos -alimentos saudables e unha boa dose de imaxinación-, demostraredes que cociñar e comer san pode ser moi divertido.
Podes gañar un fantástico premio!
Haberá 6 familias gañadoras! Dúas por cada categoría (6-8 anos; 8-10 anos; 10-12 anos). Cada familia gañadora recibirá unha estancia de fin de semana familiar en San Sebastián cun curso de cociña para entusiastas en Basque Culinary Club, e un patinete para o/a neno/a.
Anteriores edicións
Xogando con cores, sabores e texturas é posible crear pratos máis apetecibles e que axuden a incorporar nutrientes saudables na nosa dieta.
Agora podes descargar os libros das edicións anteriores do concurso.
Os libros de receitas Imagine Food foron elaborados a partir dos máis de 4.000 debuxos recibidos de nenos e nenas de toda España.
Agardamos que vos dean ideas para cociñar en familia!
Libros de Imagine Food
Descarga la 1a edición Descarga la 2a edición Descarga la 3a edición Descarga la 4a edición