VI Encontro Escola de Alimentación Fundación Eroski

VI Encontro Escola de Alimentación Fundación Eroski

 

No VI Encontro da Escola da Alimentación Fundación EROSKI seguimos poñendo o foco no fomento dunha alimentación axeitada e duns hábitos de vida saudables, piares básicos da nosa organización.

Neste evento que presentamos baixo o nome Alimentación equilibrada, onde estamos e cara ónde imos? Que nos depara a nutrición no futuro,  pretendemos realizar unha análise na que avaliaremos cales son os próximos retos aos que nos enfrontaremos no ámbito da nutrición. Para iso, partiremos dos datos do Estudo Nutricional da Poboación Española (ENPE) promovido pola Fundación EROSKI que nos permitirán coñecer os patróns de alimentación dos españois.

Así mesmo, grazas á presenza de prestixiosos expertos poderemos coñecer máis sobre os patróns de alimentación da sociedade vasca, como achegarnos de novo á Dieta Mediterránea, dietas personalizadas a través da nutrixenómica, os efectos dos programas de intervención nos cambios de conduta cara a unha alimentación máis saudable ou a relación entre a alimentación e as emocións.  Ademais, non nos esqueceremos da gastronomía signo de identidade da rexión que acolle este VI Encontro e do magnífico emprazamento no que o organizaremos como é o Basque Culinary Center no que se forman os chefs do futuro.

 

AFORAMENTO COMPETO

Descarga o programa