O PROGRAMA EDUCATIVO DE ALIMENTACIÓN E HÁBITOS SAUDABLES DA FUNDACIÓN EROSKI RECIBE O SELO GOSASUN DE INNOBASQUE

El Programa Educativo de alimentación y hábitos saludables de la Fundación Eroski recibe el sello Gosasun de Innobasque

En recoñecemento á súa contribución ao fomento de prácticas saudables

O PROGRAMA EDUCATIVO DE ALIMENTACIÓN E HÁBITOS SAUDABLES DA FUNDACIÓN EROSKI RECIBE O SELO GOSASUN DE INNOBASQUE

 

  • Máis de 67.000 alumnos de primaria participaron este curso escolar 2014-2015 no programa educativo "Enerxía para medrar"
  • En Euskadi, Navarra, Cantabria e A Rioxa o 20% das escolas de Educación Primaria tomaron parte no programa
  • Xa está aberto o prazo de inscrición para a súa cuarta edición durante o curso 2015-2016

 

Zamudio, 7 de xullo do 2015.- O Programa Educativo de Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS) “Enerxia para medrar” da Fundación EROSKI recibiu hoxe o selo GOSASUN promovido pola Axencia Vasca da Innovación, Innobasque, en recoñecemento ao seu compromiso a prol de prácticas saudables entre os escolares.

O director da Fundación EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa, recolleu de mans do director xeral de Innobasque, Txema Villate, o certificado do selo GOSASUN nun acto celebrado na sede da Axencia no parque tecnolóxico de Biscaia. Logo de explicar brevemente os obxectivos que a Fundación EROSKI persegue con este programa educativo, xa por terceiro ano consecutivo, o seu director reiterou o compromiso de EROSKI coa alimentación saudable e sinalou que "este recoñecemento ao noso programa educativo nos alenta e dá pulo para continuarmos a desenvolver o noso traballo a prol dun consumo responsable, dunha alimentación equilibrada, de hábitos de vida baseados no lecer activo e para facermos efectivo o noso compromiso solidario coas persoas máis desfavorecidas".

 

Martínez Berriochoa salientou o interese que o programa espertou entre os centros escolares e familias, que se reflicte no seu alto grao de participación, que practicamente se triplicou durante o recentemente finalizado curso escolar 2014-2015 con respecto á edición anterior, superando os 67.000 alumnos e alumnas de primaria de 930 escolas de quince comunidades autónomas.

 

Tamén lembrou que a súa cuarta edición vai comezar en setembro, coincidindo co arranque do curso escolar 2015-2016, e que lles ofrece aos alumnos e mais aos profesores de Educación Primaria novos contidos, máis actividades e obradoiros prácticos. Ademais, o programa amplía tamén este ano os materiais dispoñibles en formato audiovisual para facilitar o acceso a este e facérllelo máis atractivo e útil aos escolares. O programa configurouno un Comité Científico formado por profesionais de diferentes disciplinas: medicina e pediatría, nutrición e dietética, psicopedagoxía e pedagoxía.

 

"Ano tras ano o programa medra e mellora os seus contidos a partir das valoracións e achegas realizadas polos docentes que xa o impartiron", explicou o director da Fundación EROSKI. En Euskadi, Navarra, Cantabria e A Rioxa o 20% das escolas de Educación Primaria xa tomaron parte no programa.

 

Os profesores outorgáronlle ao programa de Fundación EROSKI este curso unha valoración global de 9,25 puntos sobre 10, mellorando así a da anterior edición. Os medios utilizados e a preparación dos monitores responsables dos obradoiros son os aspectos mellor valorados.

 

Novos contidos da Escola de Alimentación EROSKI

Mantendo un formato que se basea na combinación de sesións teóricas na aula escolar con obradoiros prácticos, o Programa Educativo en centros escolares inclúe para a súa cuarta edición novos contidos. Agora inclúese unha nova sesión para ampliar o coñecemento dos estudantes, 'Come e coida o teu corazón', desenvolvida en colaboración coa Fundación Española do Corazón (FEC). "Parécenos importante transmitirlles aos estudantes dende idades noviñas a incidencia que ten sobre a nosa saúde manter unha correcta alimentación", afirmou Martínez Berriochoa. O contido das sesións estará dispoñible tamén en vídeo.

 

O traballo impartido en sesións teóricas na clase complementarase con obradoiros nos que os alumnos porán en práctica o aprendido. "Os estudantes realizan obradoiros prácticos nas nosas tendas, onde fan a compra para elaboraren un menú saudable. Na última edición desenvolvéronse máis de 1.200 obradoiros en 180 establecementos", indicou o director da Fundación EROSKI.

 

Por outra banda, o obradoiro 'Os produtos da miña Terra' permite que os menores coñezan de primeira man nas instalacións de produtores agroalimentarios a orixe dos alimentos da súa rexión e que comproben a importancia que ten a produción local. Este novo obradoiro de produtores agroalimentarios estará dispoñible en formato audiovisual na nova edición do programa educativo a partir de setembro na web www.escueladealimentacion.es.

 

As escolas interesadas en participar no PEAHS no curso 2015-2016 xa se poden inscribir a través de www.escueladealimentacion.es ou no teléfono 946072841.

 

Selo GOSASUN de Innobasque

Dende a dinámica da Sociedade Efisaudable de Innobasque impulsouse GOSASUN, un movemento socioeconómico que fomenta a adopción de hábitos de vida saudables. Arredor del creouse unha rede de axentes composta por organizacións e institucións que se esforzan por promover prácticas saudables no seu contorno.

 

 

 

 

Para máis información sobre EROSKI e Fundación EROSKI

Ziortza Beristain: zberistain@consejerosdelnorte.com

Edurne Izquierdo: eizquierdo@consejerosdelnorte.com

Tel: 944 158 642

El Programa Educativo de alimentación y hábitos saludables de la Fundación Eroski recibe el sello Gosasun de Innobasque
El Programa Educativo de alimentación y hábitos saludables de la Fundación Eroski recibe el sello Gosasun de Innobasque