V ENCONTRO ESCOLA DE ALIMENTACIÓN FUNDACIÓN EROSKI

V ENCONTRO ESCOLA DE ALIMENTACIÓN FUNDACIÓN EROSKI

V ENCONTRO ESCOLA DE ALIMENTACIÓN FUNDACIÓN EROSKI

Alimentación en clave de futuro
Desafíos, oportunidades e perspectivas na nutrición do mañá

26-11-2015
Palacio Euskalduna, Bilbao

Neste novo Encontro seguimos a poñe-lo foco no fomento dunha alimentación axeitada e duns hábitos de vida saudables, razón de ser da Fundación EROSKI e da súa Escola de Alimentación. Mais esta vez farémolo coa vista posta no futuro. Partindo da análise da realidade da poboación española na actualidade (a forma de comer, os hábitos de vida que temos, o que sabemos sobre alimentación) queremos avanzar as tendencias que están por vir e ser capaces de prever as actuacións necesarias para un futuro máis saudable.

Este punto de partida proporcionaránolo os resultados do Estudio sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación Española (Estudio ENPE), un traballo pioneiro promovido pola Fundación EROSKI e liderado polo Dr. Javier Aranceta que nos vai permitir coñecer moito máis acerca dos patróns de alimentación da poboación española e do noso estado nutricional. Desenvolvido ao longo dun ano en catro vagas sobre unha mostra de 6.800 persoas de tódalas idades e de tódalas Comunidades Autónomas, trátase do estudio científico sobre hábitos alimentarios máis completo realizado ata agora en España. Unha ambiciosa iniciativa que será de grande utilidade tanto ás autoridades e institucións sanitarias, como ao resto de axentes implicados (entre eles a distribución), á hora de planificar as estratexias futuras para impulsar unha alimentación equilibrada e un estilo de vida saudable.

Neste Encontro terán cabida distintos puntos de vista para debuxa-lo mapa da alimentación do futuro. Grazas as achegas de prestixiosos especialistas en distintos campos saberemos máis acerca da forma en que cambiarán os hábitos alimentarios co envellecemento da poboación, descubriremos se nos próximos anos aumentará a prevalencia das alerxias e intolerancias alimentarias e entenderemos o que pode aportar a biotecnoloxía ao campo da nutrición. Trazaremos ademais as posibles estratexias para preservar un patrón de alimentación tan saudable como é a Dieta Mediterránea e para fomentar a produción de alimentos sustentable e respectuosa co medio, atendendo tamén ás propostas para a promoción da saúde que parten das Administracións Públicas. Todo iso sen esquecer o papel da gastronomía, un ámbito innovador que tanto interese esperta nos nosos días e que é patrimonio da rexión que acolle este Encontro.

Videos


Estudio ENPE. Preferencias alimentarias

La tasa de obesidad España ha aumentado un 9% en niños y jóvenes y un 4% en adultos en los últimos 15 años

Fotos

Ponentes

Dña. Miren Dorronsoro

Directora de Saúde Pública e Adicións. Departamento de Saúde. Gobernos Vasco.

D. Mikel Álvarez

Concelleiro Coordinador de Alcaldía, Desenvolvemento Económico e Bo Goberno. Concello de Bilbao.

D. Agustín Markaide

Presidente do Grupo EROSKI.

Dr. Javier Aranceta

Presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC). Profesor Asociado de Nutrición Comunitaria, Universidade de Navarra. Director Científico Estudio ENPE.

Dra. Carmen Pérez-Rodrigo

Médico especialista en Saúde Pública e Nutrición. Presidenta da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC). Investigadora da Fundación para a Investigación e a Docencia das Enfermidades Cardiovasculares (FIDEC). Bilbao.

Dr. Fernando Gómez-Busto

Médico Xeriatra, Centro integral de atención a maiores San Prudencio, Vitoria-Gasteiz. Coordinador do Grupo de Traballo de Alimentación e Nutrición da Asociación Vasca de Xeriatría e Xerontoloxía – Zahartzaroa.

Envejecimiento y alimentación
Dr. Jordi Salas-Salvadó

Catedrático de Nutrición e Bromatoloxía, Departamento de Bioquímica e Biotecnoloxía, Universitat Rovira i Virgili. Reus.

Dra. Belén de la Hoz

Servizo de Alergoloxía. Hospital Universitario Ramón y Cajal. Madrid.

Alergias e intolerancias
Dr. Joxe Mari Aizega

Director Xeral do Basque Culinary Center. Director da Facultade de Ciencias Gastronómicas e Centro de Investigación e Innovación en Ciencias Gastronómicas. Vicerreitor Académico de Mondragón Unibertsitatea. Donostia-San Sebastián.

La gastronomía importa

Momentos clave de la conferencia:
Dr. Juan Carlos del Olmo

Secretario Xeral de WWF España

Dr. Daniel Ramón

Doutor en Bioloxía. Director Científico da compañía biotecnolóxica Biópolis S.L. e Conselleiro Delegado de Lifesequencing S.L. Valencia.

Biotecnologías aplicadas a la alimentación
Dra. Loreto Rubio

Equip de desenvolupament del Pla Basc d’Alimentació Saludable. Departament de Salut. Govern Basc.

D. Alejandro Martínez Berriochoa

Director Xeral da Fundación EROSKI. Director da Revista EROSKI Consumer.

D. Jon Zuazagoitia

Subdirector desta Dirección de Saúde Pública e Adicións, Departamento de Saúde, Goberno Vasco.

Iñigo Cojo

Chef investigador del Centro de I+D de Basque Culinary Center

Elaboración de un pintxo saludable